Portomarín continúa os tardeos coas actuacións de Carta De Ajuste, Miguel Cendoi e Álvaro Cosin

LugoXa
Co mes de agosto o Concello aposta polo programa dos tardeos que conxuga música e maxia para facer desfrutar a veciños e asistentes
tardeos_portomarí
16 Ago 2024

Co mes de agosto o  Concello de Portomarín pon en marcha os tardeos, un programa que conxuga música e maxia para o desfrute tanto de veciños como de asistentes que se queiran achegar á vila. As actuacións comezaron o pasado 3 de agosto da man do Mago Charlangas e do Grupo Apecho e continúan este venres 17 coa actuación do Dj Álvaro Cosin.

O sábado 24 é a quenda da Charanga Bicoia, que actuará a partir das 20.00 horas, mentres que o 26 poderase gozar dunha sesión do Dj Miguel Cendoi. O programa remata o 31 de agosto coa actuación de Carta De Ajuste a partir das 20.00 horas. Todos os concertos e actuación terán lugar na praza do Camiño. A través deste programa, o Goberno local pretende animar á veciñanza e visitantes a desfrutar da gastronomía, da paisaxe e da boa música nestes meses de verán.

0.092947006225586