Portomarín convida ao seus maiores á Festa do San Isidro

LugoXa
Como todos os anos, o vindeiro sábado 11 de maio o Concello de Portomarín organiza a festa do San Isidro, patrón dos gandeiros e agricultores.
26 Abr 2024

Como todos os anos, o vindeiro sábado 11 de maio o Concello de Portomarín organiza a festa do San Isidro, patrón dos gandeiros e agricultores. Ese día convidan a todos os maiores a un xantar de balde e seguidamente haberá unha actuación musical. A misa será ás 13.00 na igrexa de San Nicolás e a comida terá lugar ás 14.00 no pavillón municipal. Para anotarse é preciso chamar ao 682 633 936 ou nos Servizos Sociais.

0.1146080493927