Portomarín favorece a compatibilización da vida laboral e familiar co Servizo Madruga

O Concello de Portomarín abre o prazo de solicitudes do Servizo Madruga do novo curso escolar co fin de favorecer a compatibilización da vida laboral, familiar e persoal ao inicio da xornada lectiva e apostar pola conciliación. Desenvolverase de luns a venres de 07.30 a 08.55 no CEIP Virxe Da Luz.
Trátase dun programa que oferta un total de 10 prazas e está dirixido a nenos de 3 a 12 anos matriculados centro. Comezará andar o 11 de setembro e os interesados poden facer as súas solicutdes ata o 4 de setembro. Os interesados poden solicitar máis información nos servizos sociais municipais.