Portomarín fomenta a convivencia xuvenil cun novo programa

LugoXa
Portomarín pon en marcha o programa Portomariñeando en Belesar, unha novidade para a mocidade da vila
concello-de-portomarin-casa-consistorial
22 Xul 2024

Portomarín pon en marcha o programa Portomariñeando en Belesar, unha novidade para a mocidade da vila. Por primera vez, o Concello organiza unha actividade de pernota co obxecto de fomentar a convivencia xuvenil e o movemento de asociación entre os máis xoves no albergue xuvenil Benigno Quiroga da Xunta de Galicia de Portomarín.

As actividades, que son de balde, irán orientadas a educación non formal tendo en conta a contorna do embalse. O prazo de inscricións mantense aberto ata o 24 de xullo e a actividade será do 21 de agosto ao 25 de agosto en rèxime de aloxamento e pensiòn completa(5 días e 4 noites). A adxudicación irá por número de orde das solicitudes que se poden facer a través da sede electrónica municipal.

0.090116024017334