Portomarín homenaxea a Marcos Arias Rodríguez dando o seu nome ao campo de Chao da Poza

A tarde de onte, domingo 23 de novembro, foi histórica para o Concello de Portomarín, que nomeou ao campo de fútbol municipal Chao da Poza como Marcos Arias Rodríguez en homenaxe a todas as labores e achegas realizadas por esta figura ao club de fútbol local.
A decisión da corporación municipal foi aprobada por unanimidade, recoñecendo así a importancia do traballo de Marcos Arias Rodríguez e o seu compromiso coa promoción e desenvolvemento do deporte na vila.
Este acto supón un xesto simbólico e emotivo que consolida a súa pegada na historia deportiva do municipio.
Nado na parroquia de Gonzar, Marcos Arias Rodríguez non era só unha figura destacada no deporte local, senón tamén un referente político en Portomarín. Era portavoz do PSOE no Concello, concelleiro desde os 19 anos, e en 2023 foi elixido para encabezar a lista municipal. A súa morte, aos 41 anos, tras unha enfermidade repentina, causou gran impacto na comunidade.