Portomarín inaugura os tardeos con 9 actuacións programadas

LugoXa
Co mes de agosto o  Concello de Portomarín pon en marcha o programa dos tardeos que conxuga música e maxia para facer desfrutar a veciños e asistentes
tardeos_portomarí
3 Ago 2024

Co mes de agosto o  Concello de Portomarín pon en marcha o programa dos tardeos que conxuga música e maxia para facer desfrutar a veciños e asistentes que se acheguen á vil. As actuación comezan este 3 de agosto ás 18.00 horas da man do Mago Charlangas, ao que lle seguirá, xa ás 20.00 horas, Grupo Apecho.

O día 5, ás 20.00 horas, é a quenda do Dj Nico Vázquez, mentres que o 10 actuarán, a partir das 19.30 horas, Los Jorobados Del Miño. O 12 estará no concello, ás 20.00 horas, o Dj Almo e o 17 será a quenda do Dj Álvaro Cosin. Tamén ás 20.00 horas actuará xa o día 24 Charanga Bicoia e o 26, o Dj Miguel Cendoi.

O programa remata o 31 de agosto coa actuación de Carta De Ajuste. Todos os concertos e actuación terán lugar na praza do Camiño. A través deste programa, o Goberno local pretende animar á veciñanza e visitantes a desfrutar da gastronomía, da paisaxe e da boa música nestes meses de verán.

0.16085314750671