Portomarín inicia en outubro as súas Escolas Deportivas


O Concello de Portomarín organiza un novo curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 17 anos. As actividades realizaranse no Pavillón Municipal e darán comezo o 16 de outubro. Os interesados deberán presentar a súa solicitude antes do 2 de outubro.
Entre as disciplinas ofrecidas están o fútbol sala e o bádminton, con horarios distribuídos entre os mércores e os venres. Os mércores celebraranse clases de fútbol sala para diferentes categorías, desde biberón ata cadete, ademais de clases de bádminton para as categorías alevín e infantil. Pola súa parte, os venres reservaranse para fútbol sala.
A participación será gratuíta para os empadroados, mentres que para os non empadroados o custo será de 10 euros ao mes por actividade. Esta iniciativa conta co apoio de programas como "Corresponsables", así como co respaldo da Xunta de Galicia, o Goberno de España e o Ministerio de Igualdade.
