Portomarín organiza un campus multideporte para o mes de xullo
LugoXa
O Concello de Portomarín organiza para este mes de xullo un campus multideporte destinado a mozos de entre 13 e 16 anos.
24 Jun 2022
O Concello de Portomarín organiza para este mes de xullo un Campus Multideporte gratuíto. Así, os mozos empadroados na localidade que teñan entre 13 e 16 anos de idade poderán ocupar as súas mañás de entre semana, entre as 10 e as 14 horas dende o 4 ata o 29 de xullo.
As inscricións abren este luns, 27 de xuño e permanecerán abertas ata o xoves día 30. Toda a información nas redes sociais do concello así como na súa páxina web. As actividades terán lugar na Casa da Cultura.