Portomarín organiza un curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria

LugoXa
Durante a formación, as persoas participantes aprenderán a identificar as principais fontes de contaminación dos alimentos e a aplicar correctamente a normativa vixente
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
28 Oct 2025

O Concello de Portomarín ofrecerá o vindeiro venres 31 de outubro un curso de “Manipulador de alimentos e hixiene alimentaria”, que se impartirá a través de Afammer.

A actividade, de catro horas de duración, desenvolverase no Pazo Xeral Paredes entre as 15:30 e as 19:30 horas.

Durante a formación, as persoas participantes aprenderán a identificar as principais fontes de contaminación dos alimentos e a aplicar correctamente a normativa vixente en materia de seguridade e hixiene alimentaria tanto na preparación como na elaboración dos produtos.

As inscricións poden realizarse a través do teléfono 621 197 440.

⚙ Configurar cookies
0.081374883651733