Portomarín pon en funcionamento a oficina de turismo para atención aos visitantes

O Concello de Portomarín conta dende principios desta semana coa oficina de turismo aberta á atención dos turistas.
Neste espazo, ademais de ofrecer información e recomendacións turísticas, é posible selar a credencial do peregrino, un servizo esencial para as persoas que percorren o Camiño Francés.
Ademais, a oficina dispón de folletos e material informativo para que os visitantes poidan coñecer mellor o pobo, a Ribeira Sacra e outros recursos culturais e naturais da comarca.
O horario de atención é de 14:30 a 20:30 horas todos os días agás os xoves.