Portomarín prepara o Entroido 2026 con desfile, premios e talleres para a rapazada

O Concello de Portomarín organiza o Entroido 2026 o próximo martes 17 de febreiro, cun programa pensado para toda a familia. As primeiras orellas, rosquillas e filloas anuncian a chegada desta festa tradicional na vila.
A xornada comezará ás 16:30 coas sesións de Dj Nico Vázquez, seguido ás 17:00 do concurso e desfile de disfraces, e rematará ás 19:00 coa entrega de premios aos participantes máis destacados.
Como novidade deste ano, o Concello pon en marcha os 'Talleres de Entroido' para a rapazada, co obxectivo de facilitar a conciliación durante os días non lectivos.
Estes talleres celebraranse os días 16, 17 e 18 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00, e están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Contan con 20 prazas, son de balde, e o Espazo Xuvenil será o punto de entrega e recollida dos participantes.