Poxa, premios, música e artesanía na Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña de Cervantes

LugoXa
A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña celebra a cuarta edición o sábado 11 de maio en San Román de Cervantes.
feira en defensa do Gandeiro da Montaña
11 Maio 2024

A Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña celebra a cuarta edición o sábado 11 de maio en San Román de Cervantes. O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación das actividades xunto coa presidenta da asociación Territorio Verde, Sonia Chocrón, e outros membros deste colectivo que organiza o evento.

O programa comezará ás 8.00 horas coa chegada do gando ao recinto feiral – o prazo de inscrición dos animais está aberto ata o 5 de maio e agárdase que entren unhas 200 reses de vacún, ovino e caprino -. Ao longo da xornada está prevista unha poxa de xovencas da asociación de criadores de Raza Rubia Galega (Acruga); entrega de premios aos mellores exemplares; sorteos; actuacións musicais; inchables para os máis pequenos e unha exhibición de artesanía a cargo dun ferreiro. Tamén haberá exposición e venda de maquinaria agrícola e doutros produtos.

Arias felicitou á asociación organizadora por impulsar esta feira tradicional que reivindica o peso do sector agrogandeiro na zona. Subliñou que a Xunta “aposta por todas as iniciativas que dinamicen o rural” e destacou que este ano a Consellería do Medio Rural destina 44 millóns de euros aos programas de axudas para incentivar os investimentos en explotacións, a incorporación de mozos á actividade agraria e a instalación de pequenas granxas.

Lembrou ademais que este ano implantáronse novas accións para fomentar a remuda xeracional no campo, como as axudas para a incorporación de persoas de entre 41 e 55 anos e os incentivos destinados a agricultores que se xubilen cedendo as súas granxas ao Banco de Explotacións co obxectivo de garantir a súa continuidade.

0.20053911209106