PP propón crear un diploma do paso por Lugo para peregrinos
Os populares defenderon na pasada mañá en comisión un rogo para que se deseñe un diploma tipo a Muxiana, Fisterrana ou Compostela, para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo, ou ben como mínimo dende o límite da provincia de Lugo. A concelleira popular Beatriz Vázquez fixo esta petición logo de manter un encontro coa directiva da Asociación de Amigos do Camiño, entidade que traballa para potenciar o Camiño e que este sexa un atractivo turístico de primeira para Lugo.
Beatriz Vázquez explica “o paso dos peregrinos que veñen da Fonsagrada beneficiaría máis á hostelería, que se toman como punto de partida Lugo, xa que farían noite na cidade e máis gasto en establecementos do municipio”. O diploma que queremos que se deseñe que debería de incluír os tres patrimonios da cidade, sería un aliciente para moitos peregrinos que coleccionan este tipo de documentos que acreditan e dan a benvida á cidade aqueles que fan a ruta do Camiño Primitivo".
Os populares cren que “ainda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido á hora de promocionar e captar peregrinos de vilas con tradición xacobea e impulsar á cidade de Lugo como lugar de paso do Camiño Primitivo” e piden ao bigoberno “que tomen decisións e traballen para favorecer a súa posta en valor”.