Prado (en Friol) celebra as festas na honra ao Corpus Christi os días 31 de maio e 1 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
O sábado 31 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo do Grupo Master
fogos-artificiais-festas
29 May 2025

A localidade de Prado, no concello de Friol, celebrará as súas tradicionais festas na honra ao Corpus Christi os días sábado 31 de maio e domingo 1 de xuño de 2025. O programa inclúe actos relixiosos e musicais para todos os públicos.

O sábado 31 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo do Grupo Master. Pola noite, os asistentes poderán gozar dunha gran verbena co mesmo Grupo Master e coa actuación do DJ Mun, que animará a xornada festiva.

As celebracións continuarán o domingo 1 de xuño cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú que contará coa música do Dúo Crazy.

A veciñanza e visitantes están convidados a participar nunha fin de semana de festa e tradición, coa colaboración de diferentes entidades locais.

⚙ Configurar cookies
0.12038087844849