Prata para Inés Mourenza no campionato de España de Augas Abertas

LugoXa
A nadadora Inés Mourenza Rocha do Club Natación PortaMiñá de Lugo conseguiu a medalla de pratano Campionato de España de Augas Abertas.
ines mourenza campionato espana augas abertas sevilla
3 Jun 2023

A nadadora Inés Mourenza Rocha do Club Natación PortaMiñá de Lugo conseguiu a medalla de prata na distancia de 7500 mts da categoría Junior-1 no Campionato de España de Augas Abertas celebrado en Sevilla.

Foi esta a súa primeira participación nun campionato de augas abertas polo que ao non contar con experiencia é máis destacable este resultado fronte a nadadoras que son habituais deste tipo de competición.

Con este resultado Inés Mourenza está á espera da convocatoria da selección española para participar no campionato de Europa que se celebrará a finais de setembro en Grecia.

Ademais, tamén competiron na mesma proba e categoría Raúl Gavieiro e Brais Pérez compañeiros de Inés e que nadaron por primeira vez esa distancia.

0.149493932724