Preparan a décimo quinta edición do Festival do Ancares
LugoXa
A cita será na casa da cultura de Becerreá e participarán poetas, gaiteiros, cantareiros, cómicos e cantautores

Foto recurso
30 Jul 2024
Preparan a décimo quinta edición do Festival do Ancares na casa da cultura de Becerreá. A cita será o vindeiro 3 de agosto a partir das 18.30 horas e participarán poetas, gaiteiros, cantareiros, cómicos e cantautores. Estará presentado por Sara Fernández e conta coa colaboración do Concello de Becerreá. Ademais, González Vilela presentará o seu dobre CD 40 Cantigas a Rosalía de Castro.