Preparan a XXXV Tríatlon do Miño de Lugo

LugoXa
Trátase dunha cita promovida pola AD Fefeme e o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial
Presentación-XXV-Triatlon-do-Miño
5 Xul 2024

A zona dos Robles protagoniza a XXXV Triatlon do Miño de Lugo este domingo, unha cas probas deportivas máis consolidadas na cidade. As saídas nas probas masculina e feminina están previstas para as 10.30 e as 12.00 horas, respectivamente. Trátase dunha cita promovida pola AD Fefeme e o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial e que conta coa colaboración da Xunta.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na presentación, onde felicitou á organización pola traxectoria desta veterana proba. Resaltou a puxanza do tríatlon en Lugo e as condicións idóneas que ofrece o municipio e a contorna para a práctica desta disciplina, así como “o compromiso da Xunta co impulso do todas as modalidades deportivas”. Tamén participou na cita o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Adrián Vázquez, en representación do Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial.

0.16390800476074