Preparan unha degustación de troitas polas festas de Louxas, na Fonsagrada

Louxas, na Fonsagrada, celebra as festas do San Cristovo. As festas comezan o venres con degustación gratuíta de troitas e, a partir das 22.00 horas, verbena con Javi Show. O sábado haberá misa solemne, procesión e bendición de coches. A sesión vermú virá a cargo de Elxiir que estará acompañada de Diego y su Acordeón na verbena.