Preparan unha homenaxe en Lugo ao exalcalde Joaquín García Díez

LugoXa
A piques de cumprirse un ano da retirada da política de Joaquín García Díez, preparan unha homenaxe para o exalcalde e exdeputado.
joaquin_garcia_diez_portada
16 Abr 2024

A piques de cumprirse un ano da retirada da política de Joaquín García Díez, preparan unha homenaxe para o exalcalde e exdeputado. Deste xeito, organizan un acto aberto, plural e apartidista en que tanto os seus compañeiros de filas como outras persoas alleas ao PP ou ao mundo da política poidan render homenaxe a un dos rexedores Lugo máis queridos e ao que se denominou acertadamente “o cabaleiro da política lucense”.

Realizarase unha comida no Torre de Núñez o día 11 de maio s partir das 14.30 horas. O acto atrasouse para non que non coincidise coas citas electorais destes meses pasados. A actividade de Joaquín sempre estivo enmarcada nas filas do Partido Popular, do que foi presidente local e por cuxas listas se presentou ás eleccións municipais e nacionais.  Por este motivo, a organización do acto conta co apoio e a colaboración do PP local, presidido por Ramón Carballo.

0.20484304428101