Prepárase o dispositivo de seguridade do Campionato Nacional de Motocrós en Lugo

LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves a Xunta de Seguridade para a preparación do dispositivo de seguridade do Campionato Nacional de Motocrós.
dispositivo_seguridade_campionato_motocros
22 Feb 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves a Xunta de Seguridade para a preparación do dispositivo de seguridade do Campionato Nacional de Motocrós. Na reunión previa a esta nova edición estiveron presentes a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos; a delegada territorial en funcións da Xunta, Marta Barreiro; así como representantes da organización, Xefatura Provincial de Tráfico, Subsector de Tráfico da Garda Civil, SPEIS, Policía Local e Protección Civil.

A subdelegada garantiu que dende a Subdelegación poñeranse a disposición todos os medios necesarios para o correcto desenvolvemento da proba, garantindo a seguridade de participantes e espectadores.

“Deste xeito, o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento municipal mobilizará un vehículo autobomba cunha dotación de catro bombeiros que estarán in situ no circuíto tanto o sábado como o domingo”, explicou Alvarellos. “Así mesmo, dende o Servizo de Protección Civil tamén se mobilizará a un equipo cada día composto por entre 7 e 8 voluntarios, que contarán cunha carpa propia no recinto e posto de mando”, engadiu Alvarellos. Tamén se poñerá en marcha un dipositivo especial de vixilancia, "especialmente, en horario nocturno nas rúas da cidade, coa presenza de cando menos tres patrullas cada noite, en previsión dunha elevada afluencia de persoas, moitas delas afeccionados chegados de fóra do municipio”, explicou.

Alvarellos e Rodríguez destacaron por último, a colaboración entre as administracións e os diferentes corpos de seguridade implicados, permitindo o desenvolvemento desta competición e a participación da cidadanía para lograr un evento seguro e cumprir coas normas de seguridade que se diten dende a organización e os medios que traballen nela no labor de prevención.

Os mellores pilotos cítanse en Lugo

O Circuíto municipal Jorge Prado volverá a ser, por segundo ano consecutivo, sede do Campionato de España de Motocrós na súa categoría elite os vindeiros días 24 e 25, xusto dúas semanas antes do comezo do Mundial en Arxentina. A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c. Do mesmo xeito que o ano pasado, estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial.

Está será a única carreira de pretempada na que participe Prado, unha vez concluída a súa experiencia americana no supercrós. O evento no circuíto lucense servirá para homenaxear o título mundial  e animalo ante o  reto do Mundial, no que lucirá o número 1 sobre a súa Gas Gas.

0.11866211891174