Presentación do Libro 'Rufa (y un servidor)' na librería Trama

LugoXa
Trátase da primeira obra de Xosé Saqués, un libro de viñetas nas que unha border collie lista e sagaz comparte a súa filosofía da vida
Presentacion-Trama-rufa
30 May 2025

Este sábado, 31 de maio, ás 12:00 horas, a libraría Trama de Lugo acollerá a presentación do libro de viñetas Rufa (y un servidor), da autoría de Xosé Saqués. Esta nova obra do humorista gráfico achégase ao público cun estilo persoal e retranqueiro, ofrecendo unha colección de viñetas cargadas de crítica social e ironía.

A presentación converterase nun espazo de encontro entre o autor e os lectores, onde se abordará o proceso creativo do libro, así como o papel do humor gráfico na actualidade.

Trátase da primeira obra de Xosé Saqués. Un libro de viñetas nas que Rufa, unha border collie lista e sagaz, comparte a súa filosofía da vida.

⚙ Configurar cookies
0.17561101913452