Presentación do libro 'Son Galego' en Castroverde

LugoXa
Será o 1 de agosto ás 20.00 horas no centro sociocultural Paco Pestana
presentacion-libro-castroverde
30 Jul 2025

O vindeiro 1 de agosto ás 20:00 horas terá lugar no Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde a presentación do libro Son Galego, da autoría de Antonio José Francisco Rey, con prólogo de Suso de Toro e publicado pola editorial Medulia. O evento contará coa presenza do propio autor, Antón Rey, que estará acompañado polo escritor Eduardo Carreira e polo grupo Os Nabos de Gracián, encargados de conducir o acto.

Ademais da presentación literaria, o público poderá gozar da actuación do cantautor Carlos Attadía, que porá a nota musical á velada. A actividade está organizada en colaboración co Concello de Castroverde e pretende ser un espazo de encontro coa poesía galega e coa identidade cultural do país, a través dunha obra que reivindica o ser galego desde a palabra e a emoción.

⚙ Configurar cookies
0.1732759475708