Presentación do novo libro de Abraham Pérez, 'O paso en falso'
A librería La Voz de la Verdad acolle este mércores, 29 de novembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro O paso en falso, de Abraham Pérez.
O autor estará acompañado polo filósofo e ensaísta Miguel Ángel Martínez Quintanar e a representante da editorial Galaxia Eva López.
Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade.
O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política, existencial: un spleen cun sutil fío de humor que tenta retratar unha época e unha xeración devastada pola crise económica. Un burlesco xogo de máscaras, ou nada disto, talvez, que fai un retrato da Galicia contemporánea.