Presentada a 46 edición da Semana de Cine de Lugo

LugoXa
Será do 23 ao 29 de setembro
semana-de-cine-de-lugo
10 Sep 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, e a deputada de Cultura, Iria Castro, a 46 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 23 e o 29 de setembro de 2022. No acto estiveron tamén presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galiza e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.

"Debemos apoiar dende as institucións a nosa cultura propia, neste caso a produción de cine en galego", dixo Maite Ferreiro, que engadiu "as experiencias que temos dinnos que temos contadoras e contadores de historias moi boas, que fan obras fermosas e interesantes, que redundan na defensa e promoción da nosa lingua e da nosa cultura, que é o faro que nunca debemos perder de vista".

Iria Castro afirmou que "a semana de cine é unha cita consolidada no calendario cultural ao finalizar o verán", e destacou que esta cita "permítenos desfrutar de filmes que non chegan ás salas comerciais, pero que contan cunha gran calidade artística".

Ferreiro destacou o traballo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, "que leva 46 anos dando visibilidade ao cine entre a veciñanza de Lugo", e engadiu "a Semana de Cine de Lugo é unha das actividades máis relevantes do calendario cultural da cidade".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20799398422241