Presentada a Festa dos Ovos Rotos con Chourizo de Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
O programa inclúe un xantar popular, actuacións musicais, postos de artesanía alimentaria, exhibicións de cociña en directo e degustación de máis de 700 tapas
presentacion-festa-ovos-rotos-con-chourizo
11 Sep 2025

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación da III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía organizada pola Asociación de Veciños de Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, que se celebrará o vindeiro sábado, 13 de setembro. A Administración autonómica colabora coa cita.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, xunto ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes do colectivo organizador deron a coñecer o programa, que ten como acto central un xantar popular baixo carpa.

Tamén haberá unha Máster Class sobre o prato protagonista da xornada impartida por Alejandro Méndez e Alejandro Ares, membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo. Outra das actividades previstas é unha exhibición de cociña e degustación gratuíta de máis de 700 tapas elaboradas con ovo e chourizo.

Ademais, ao longo do día haberá actuacións musicais, feira artesanal con varios postos de artesanía alimentaria na que se promocionarán os produtos locais, talleres de oficios artesáns, exhibición de coches clásicos e xogos tradicionais.

⚙ Configurar cookies
0.16721510887146