Presentada na Xunta unha nova edición da Ruta Trotamontes 4x4 de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O evento celebrarase o sábado 4 de abril e reunirá arredor de 250 participantes, chegados de distintos puntos de Galicia, Asturias e Castela e León
ruta-trotamontes-de-Pol-presentacion-xunta
24 Mar 2026

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XVII Ruta Trotamontes 4x4 de Pol, na que participaron o delegado territorial, Javier Arias; o presidente da entidade organizadora, Izan de Andrés; e a deputada autonómica, Nicole Grueira, entre outros.

Arias destacou o apoio do Goberno galego a esta iniciativa, “unha proposta de turismo de aventura que conxuga deporte de motor e natureza para xerar actividade económica e difundir as paisaxes e recursos turísticos do territorio”, afirmou.

O evento celebrarase o sábado 4 de abril e reunirá arredor de 250 participantes, chegados de distintos puntos de Galicia, Asturias e Castela e León. A ruta pode realizarse en moto, quad ou outros vehículos todoterreo, ten carácter turístico e non competitivo e discorre por camiños e vías forestais dos municipios de Pol, Ribeira de Piquín e Baleira.

Os participantes iniciarán o percorrido desde Mosteiro ás 9:00 horas, coa previsión de rematar sobre as 18:00 horas. Pola noite haberá unha cea no pavillón municipal, que contará coa animación musical da Hermo Disco Truck.

0.13173389434814