Presentadas as actividades estivais da Escola Municipal de Música de Lugo

LugoXa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presenta as actividades estivais da Escola Municipal de Música de Lugo, con ensaios abertos e accesibles
presentacion actividades veran concello de lugo
7 Xul 2023

Este verán a escola ofrecerá ensaios abertos e gratuítos accesibles para calquera artista musicalmente activo.

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a programación estival da Escola Municipal de Música. As actividades, que comezarán o vindeiro 11 de xullo, consistirán na participación en ensaios abertos co persoal da Escola aos que poderán asistir tanto o alumnado do ESMU como calquera músico ou música que desexe aproveitar o tempo de verán para manterse activo musicalmente.

A partir do próximo martes, a actividade organizarase todas as semanas entre as 17:00 e as 21:00 horas. A inscrición é totalmente gratuíta e organizaranse grupos e horarios dependendo do número de persoas inscritas, así como do nivel de cada músico. Os ensaios realizaranse nas instalacións da escola de Música e ocasionalmente poderían facerse ensaios abertos ao público da rúa.

Maite Ferreiro "o éxito que están a ter entre a veciñanza as distintas iniciativas que puxemos en marcha para achegar a música ás rúas, e a intensa actividade cultural de rúa que se organiza durante o verán, como os ciclos Muralleando ou Tarde e Tardiña, dúas citas consolidadas no calendario anual".

0.17793393135071