Presentadas as XXII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro en Lugo

LugoXa
O evento reunir á máis de 700 profesionais e contará coa colaboración da Deputación de Lugo
XXII-Xornadas-Técnicas-de-Vacún-de-Leite-Seragro-Lugo
27 Oct 2025

Presentouse a vixésimo segunda edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, promovidas por Seragro, que se celebrarán os días 13 e 14 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo. A Deputación de Lugo colabora co evento cunha achega de 12.000 euros, que permitirá reunir a máis de 700 profesionais do sector, entre gandeiros, técnicos e expertos.

O deputado Rivera Capón destacou que estas xornadas ofrecen “información rigorosa, formación práctica e visión de futuro”, e puxo en valor a profunda transformación que está a vivir o sector galego do leite, marcada por novas normativas ambientais, maiores esixencias en benestar animal, avances tecnolóxicos e unha competencia crecente. Subliñou tamén que o apoio a estas iniciativas, xunto con proxectos propios como a Granxa Gayoso Castro e o Centro Experimental de Leite, contribúe a fortalecer o tecido produtivo e a aportar coñecemento e innovación aos gandeiros e gandeiras da provincia.

Pola súa banda, o presidente de Seragro agradeceu a colaboración da Deputación e destacou que o obxectivo das xornadas é crear un foro de convivencia, formación e debate sobre as últimas novidades da gandería de produción de leite, contando coa participación de técnicos de prestixio nacional e internacional.

PROGRAMA

O programa do 13 de novembro comezará ás 10.00 horas coa inauguración, seguida dunha conferencia sobre a situación actual do sector galego por José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega. Ás 11.00 horas, Felipe Fraga Martínez abordará os principios básicos de ventilación e orientación de naves de recría, seguido de Laura Molina Moreno, que falará sobre enfermidades en idades temperás e o seu impacto. Tras a pausa do café ás 12.00 horas, Sandra Mella Ríos presentará a recría en Finca Fonteboa, e ás 13.00 horas Ares Rubies Corrales explicará a xestión e formación de persoal na recría na Granxa San José. Ás 13.30 horas terá lugar o xantar, e ás 15.30 horas Jordan T. Masthtews impartirá a charla “Great People, Great Cows, Great Returns”. Xa pola tarde, ás 16.15 horas, Sonia Rodríguez Pazos abordará o momento óptimo para inseminar vacas de leite, seguida de Liliana Fadul ás 16.45 horas sobre o efecto do tipo de muxido na produción e composición do leite. Ás 17.15 horas, Miguel Iglesias Naredo falará sobre a optimización da alimentación en sistemas robotizados, e ás 17.45 horas pecharase a xornada cun encontro gandeiro.

O 14 de novembro a actividade comezará ás 11.00 horas coa conferencia sobre o marco laboral no sector agrario por María Jesús Asorey Cea e Noa García Rey. Ás 11.30 horas Víctor Novo Vázquez abordará as obrigas medioambientais relacionadas co caderno de campo, e ás 12.00 horas Javier Fernández López falará sobre a revisión de lotes. Tras a pausa do café ás 12.30 horas, ás 13.00 horas Arturo Gómez tratará a saúde podal e a súa prevención, e ás 13.30 horas Javier Bueno Lema exporá a relación entre tecnoloxía e intelixencia natural no sector gandeiro. O xantar será ás 14.00 horas. Ás 16.00 horas Carlos Liste Pose presentará a xestión das forraxes en Gandaría Liste, seguido de Juan Carlos Lodos Pérez ás 16.30 horas, que explicará como producir forraxes sen maquinaria, e ás 17.00 horas Pol Lungh Olbols falará sobre intelixencia artificial e como os datos transforman o sector leiteiro.

⚙ Configurar cookies
0.072164058685303