Presentado en Lugo o equipo de tecnificación de alpinismo

LugoXa
O rocódromo acollerá dúas probas de importancia como son o Campionato de España Infantil e Cadete de Escalada Deportiva.
mini rocodromo lugo
17 Xuño 2021

Na mañá de onte presentouse, no Rocódromo de Lugo, ao Equipo Galego de Novos Alpinistas (ENAG) da Federación Galega, formado por tres homes e unha muller. 

O ENAG ten como obxectivos mellorar as técnicas individuais e de equipo de progresión de escalada en rocha, neve e xeo, sempre en ambiente alpino; aprender a adaptar as estratexias e as tácticas de escalada as condicións da montaña; traballar aspectos psicolóxicos da renuncia as ascensións; participar nas concentracións estatais convocadas pola federación española en diferentes macizos montañosos en España ou outros países europeos así como motivar a novos galegos e galegas á práctica do montañismo coa difusión entre os clubs galegos de actividades.

Hai que destacar que o montañismo galego conta cun total de 6.218 licencias federativas sendo o 60% correspondentes a homes (3.803) e o 40% (2.415) a mulleres. Un reparto que é aínda máis equitativo no caso das licencias 6-16 anos, a través do Xogade, que se contabilizan por 681, sendo o 55% nenos (374) e o 45% nenas (307). 

O rocódromo de Lugo coma unha instalación de referencia

O acto tivo lugar no Rocódromo de Lugo, ubicado no Pazo de Feiras e Congresos, inaugurado en outubro de 2019 e que contou cun investimento de máis de 387.000 euros. A instalación conta con 15 metros de  altura, zona de velocidade homologada, máis de 3.000 presas de escalada e zonas de dificultade  extrema. Dispón tamén do primeiro muro de velocidade de 15 metros de altura indoor de toda  España. Ademáis, cumpre cos requisitos do COI para a celebración de probas internacionais en  formato olímpico.

Un rocódromo que xa é un dos mellores do país e que permite incrementar a oferta dos equipamentos deportivos da cidade, beneficiando tanto a actividade federada como o deporte base, e contribuíndo tamén á promoción de prácticas saudables entre a sociedade.

Ao fío desta idea hai que lembrar que o rocódromo de Lugo acollerá dúas probas de importancia como son o Campionato de España Infantil e Cadete de Escalada Deportiva (entre o 23 e o 25 de xullo) e a terceira e definitiva proba da Copa de España Absoluta de Escalada en Bloque (27 de novembro).

rocodromo lugo
0.20224380493164