Presentado en Lugo o libro 'Quid et Quomodo', sobre Luis de Páramo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación do libro Quid et quomodo, celebrada no Vello Cárcere de Lugo. A obra, escrita por Francisco J. Ruiz Aldereguía, rescata a memoria de Luis de Páramo, misioneiro galego falecido no Xapón no século XVII.
No acto interviñeron tamén Tareixa Antía Ferreiro Tallón e Manuel Julio Platero Campo, quen acompañaron ao autor na explicación dun traballo que afonda tanto no contexto histórico como na dimensión humana do protagonista.
Ferreiro destacou que “a recuperación e divulgación de figuras esquecidas da nosa historia permite construír un relato colectivo máis completo e reforza a conexión entre Galiza e o mundo”. Ademais, sinalou a importancia de que “o Vello Cárcere sexa un espazo de encontro para a creación e a memoria, aberto á cidadanía e ao debate cultural”.
O libro, recentemente publicado, supón unha contribución á posta en valor do patrimonio histórico galego e ofrece unha nova visión sobre o papel de misioneiros e viaxeiros que levaron a identidade galega máis alá das nosas fronteiras.