Presentado o Máster de Futbolín de Rábade, que será do 17 ao 19 de abril

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto ao presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos o XXIVI Máster Nacional de Futbolín, que terá lugar do 17 ao 19 de abril. A institución provincial colabora co colectivo cultural e deportivo cunha achega económica de 3.500 euros para o desenvolvemento deste torneo, que agarda reunir ao redor de 1.000 participantes competindo en 3 modalidades e repartirá 16.000 euros en premios e unha camiseta de regalo a cada participante.
Pablo Rivera Capón animou a participar neste evento que ata o 14 de abril terá as inscricións abertas, e destacou que ano tras ano suma máis participación e de persoas que se achegan “para desfrutar dun evento único que eses días supón todo un revulsivo para a economía, a cultura e a gastronomía de Rábade e do conxunto da provincia de Lugo”.
O torneo contará con tres modalidades de xogo: parado, combinada e en movemento, onde se repartirán 16.000 euros en premios aos mellores oito postos. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes.
Programa do torneo
Xoves, 17 de abril:
- 17:00 horas: Presentación oficial e sorteo de parellas cegas
- 17:30 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’
Venres, 18 de abril:
- 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’
- 12:00: horas: Modalidade ‘Feminina’
Sábado, 19 de abril:
- 10:00 horas: Modalidade ‘En movemento’
- 21:00 horas: Finais
- 23:00 horas: Entrega de premios e clausura