Presentan a 50 edición da Semana de Música do Corpus

LugoXa
Presentaron a 50 edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 20 de maio e o 9 de xuño.
semana de musica do corpus lugo presentacion
26 Abr 2023

Os concertos serán de entrada gratuíta, e terán lugar no Círculo das Artes e no auditorio do Conservatorio entre o 20 de maio e o 9 de xuño.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e o tenente Alcalde do Concello, Rubén Arroxo, presentaron xunto con José Luís Díaz, representante da Sociedade Filarmónica de Lugo, a 50 edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 20 de maio e o 9 de xuño.

A edil de Cultura destacou “a paixón pola música que demostran ano tras ano as veciñas e veciñas de Lugo”. A edil de Cultura explicou que “este ano contaremos con 8 concertos, que incluirán a artistas e propostas musicais de gran calidade artística e prestixio internacional”.

“Desde a área de Cultura do Concello de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “este ano, contaremos de novo cun concerto no auditorio do Conservatorio de Música Xoán Montes, avanzando no achegamento deste centro á cidade”.

A concelleira de Cultura destacou o papel da Sociedade Filarmónica de Lugo “na organización ano tras ano desta mostra garantindo sempre a calidade das e dos artistas escollidos”.

Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o da pianista Noelia Rodiles, que terá lugar no Conservatorio de Música Xoán Montes. Serán con entrada de balde ata completar a cabida. O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación (Area de Cultura) e da Sociedade Filharmónica de Lugo.

PROGRAMA

20 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Ensemble Praeteritum
Pablo Suárez Calero, dirección
Mahler: Sinfonía nº 1 ”Titán” (Redución para ensemble)

23 de maio - Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes - 20:30 h
Noelia Rodiles, piano
Ligeti / Schubert

25 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Pierre Hantaï, clave
Lembrando a Gustav Leonhardt - J. S. Bach

27 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Iria Folgado, óboe
Vicent Alberola, dirección
J. Eiras / R. Strauss / D. Shostakóvich

30 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Lawrence Zazzo, contratenor
Tercia Realidad Orquestra Barroca
Jorge Jiménez, dirección
Quando Corpus Morietur. Agonía e oración na música italiana do S. XVIII

3 de xuño - Círculo das Artes - 20:30 h
La Bellemont
Choralfantasie (J. S. Bach e predecesores)

7 de xuño - Círculo das Artes - 20:30 h
Roberta Invernizzi, soprano
Ars Atlántica
Manuel Vilas, dirección
Monte/Verdi (A arte da redución operística. 300 anos de ópera italiana fóra dos teatros, de Monteverdi a Verdi).

9 de xuño - Círculo das Artes - 20:30 h
Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Dima Slobodeniouk, dirección
Schubert / Mozart. Sinfonías.

Cartaz semana musica corpus lugo
0.13684916496277