Presentan as festas do barrio de Paradai, que serán entre o 26 e 29 deste mes
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da asociación Barrio de Paradai, Christian Fernández, presentaron o programa das festas de San Mateo, que se celebran do 26 ao 29 de setembro e contan coa colaboración da Administración autonómica.
A apertura das atraccións e o pregón o xoves 26 pola tarde marcarán o inicio de catro días de actividades e verbenas. Nas diferentes xornadas actuarán a orquestra Cinema, os grupos Beatriz e Rubí, Tambukada, a agrupación de gaitas Os Xílgaros de Lugo, Henry Méndez, Almudena López, Verónica Cambón e o dúo Charada. O domingo 29, último día da programación, haberá concentración de coches clásicos e celebrarase o Día do Neno, polo que os carruseis ofrecerán descontos.
Arias indicou que a Xunta colabora con colectivos de toda a provincia para organizar festas populares “que dinamizan os barrios e parroquias lucenses e fomentan os lazos veciñais”.