Presentan en Becerreá a campaña, Mellor local, mellor galego

LugoXa
O PP celebrou actos de campaña en Portomarín, Becerreá e Fonsagrada na xornada de onte arroupados por conselleiros de deputados
19 Dec 2023

Carme Aira, deputada do BNG no Parlamento Galego, acompañou aos concelleiros do BNG en Becerreá Martín Gómez e Ovidio Montaña xunto con militantes nacionalistas na presentación da campaña de apoio ao comercio local “Mellor local, mellor galego”.

Queremos animar aos becerrenses a que aproveiten estas datas para acudir ao comercio local para a súa dinamización e para o seu fomento", indicou antes de asegurar que a campaña do seu partido "fai o que lle correspondería facer ao Goberno galego", e indicar que impulsan a campaña nestas datas porque "se incrementa notablemente o consumo" e porque "coincide coa peor crise da historia do comercio local". Afirmou Carme Aira

“Con esta iniciativa queremos chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha un verdadeiro plan de dinamización e impulso do comercio en Becerreá”, explicou a voceiro do BNG, Martín Gómez.“A día de hoxe o sector do comercio e das pequenas empresas continúan a sufrir as consecuencias da crise pospandémica e encaran unha crise económica global, co encarecemento da vida e dos produtos, e desde o BNG pensamos que é importante poñer en marcha medidas no curto prazo que axuden a mitigar o impacto desta situación” remarca o concelleiro nacionalista.

Martín recorda que, “ao longo dos anos, no BNG vimos presentando diversas e repetidas iniciativas plenarias para poñer en valor este sector e para presentar propostas firmes de apoio ao tecido comercial e empresarial de Becerreá”. “Cómpre que o goberno local faga un esforzo en promover o consumo no pequeno comercio como opción responsábel, sustentábel ambiental e socialmente e consciente, axustado ás necesidades reais da veciñanza e rachando co consumismo vinculado, en boa medida, a datas moi concretas como as festas de Nadal, Aninovo e Reis”.

“O comercio de Becerreá precisa dun plan de de dinamización e impulso que poña a andar todas as ferramentas que ofrece Becerreá ”, explica Martín Gómez.

Para dar a coñecer todas estas cuestións, as nacionalistas percorreron os comercios da vila repartindo material informativo da campaña “Promóvense relacións máis próximas e directas, o que a miúdo se traduce nun servizo máis personalizado e de maior calidade”recalcou o portavoz nacional

0.19837594032288