Presentan en Lugo o libro que recolle o diario de Ben cho Shey antes do golpe de estado do 36

LugoXa
O diario foi localizado en 2013 entre os documentos do arquivo persoal de ex mandatario depositados na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense
diario-de-lugo-de-ben-cho-shey
9 Nov 2024

Presentouse no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o libro Diaro de Lugo.1936, que recolle o diario escrito por Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben Cho Shey, durante os días seguintes ao golpe de Estado de 1936. O volume, editado polo Servizo de Publicacións da área de Cultura, saca a luz un documento inédito no que o político e intelectual ourensán, daquela presidente do Partido Galeguista en Lugo, dá testemuño directo da represión franquista en Lugo e no resto de Galiza.

O diario foi localizado en 2013 entre os documentos do arquivo persoal de Ben Cho Shey depositados na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense polo equipo encargado da exposición Ben Cho Shey. %0 anos de maxisterio cultural que se realizou no Museo Provincial de Lugo, encabezado por Xoan Ramiro Cuba e participado por Iria Varela e Brais García (ademais de Mercedes Salvador), que durante o acto de presentación afondaron no contido de libro e na súa relevancia en relación co publicado ata agora sobre a actividade política previa ao golpe de Estado do 1936 e sobre a represión franquista.

A deputada Iria Castro valorou "o seu traballo investigador e editorial" e destacou "a xenerosa dose de tenacidade e compromiso" que puxeron na proxecto para lograr a edición do libro que pon a disposición de toda a cidadanía un coñecemento que é necesario e urxente incorporar á memoria colectiva". Así mesmo, destacou que o libro contribúe a constatar "a brutalidade e planificación da represión franquista, a fortaleza dunha actividade política que quedou truncada pola ditadura e a dimensión política e intelectual de Ben Cho Shey".

O volume, deseñado e maquetado por Diego Núñez, inclúe a transcrición do diario -con crónicas entre o 18 de xullo e o 21 de agosto, máis dous apuntamentos a xeito de epílogo e síntese – e máis a reprodución facsimilar do caderno. Incorpora tamén fotos de actos da campaña a favor do Estatuto en Lugo e noutras localidades da provincia, na que Ben Cho Shey participou activamente como presidente do Partido Galeguista de Lugo, un extenso compendio de notas que contextualiza e amplía o relato en primeira persoa que ofrece o diario.

0.17812395095825