Presentan na librería Trama o novo libro de Suso Valeiras
A Librería Trama continúa co seu programa de presentacións de libros por parte dos autores. Así, este venres, 17 de novembro será a vez de Suso Valeiras, que presenta a obra Bajo el azafrán silvestre.
O acto de presentación, no que participará o propio autor está a cargo da bibliotecaria Verónica Delgado. Será ás 19.00 horas.
A relación que xorde entre Juan e Miguel ten que permanecer oculta aos ollos dunha sociedade que, aínda que non é impermeable aos ventos de modernidade traídos pola proclamación da Segunda República, continúa ancorada no pasado e aínda non deixou atrás a súa mentalidade conservadora.
A sala de proxección do cinema que rexenta Juan, á parte de ser a xanela desde a que observan outros mundos, proporciónalles o lugar ideal para manter os seus encontros. Ambos sospeitan que tarde ou cedo terán que saír do pobo e establecerse nunha cidade máis grande, na que o anonimato lles permita levar unha vida libre do escrutinio dos demais.
Con todo, o golpe de estado de xullo de 1936 e os acontecementos que desembocan na Guerra Civil, obríganlles a tomar decisións que serán fundamentais para determinar o rumbo do futuro que lles agarda.
Baixo o azafrán silvestre relata o percorrido dos protagonistas a través de novos e esperanzadores tempos para eles, así como para un país con ansias de liberdade e transformación política, pero os incipientes logros vense ameazados por unha reticencia ao cambio por parte dos sectores historicamente privilexiados.