Presentan nun café coloquio en Outeiro de Rei o programa Digalicia

LugoXa | TerraChaXa
A xornada terá lugar o mércores 25, en horario de 9:00 a 10:30 horas no Hotel Casas da Fortaleza
trabajo_internet_ordenador_recurso
13 sep 2024

A empresa Estudios Rafer SL organiza, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, un café-coloquio co obxectivo de presentar o Programa Digalicia dirixido a directivos de empresas con 10 ou máis empregados, un programa moi relacionado co presente e futuro das pemes; na xornada falarase de transformación dixital das empresas, mercado laboral e ciberseguridade.

A xornada terá lugar o mércores 25, en horario de 9:00 a 10:30 horas no Hotel Casas da Fortaleza de Outeiro de Rei; a participación é gratuíta ofertándose 25 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, sendo preciso inscribirse no Concello de Outeiro de Rei, no teléfono 982 393 281.

0.13705897331238