Presentan o spot do Arde Lucus que pon en valor o noso legado histórico

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, presentou no Pazo Provincial dos Deportes o vídeo promocional do Arde Lvcvs 2024, no descanso do encontro entre o CB Breogán e o Andorra.
spot_arde_lucus
11 Maio 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, presentou no Pazo Provincial dos Deportes o vídeo promocional do Arde Lvcvs 2024, no descanso do encontro entre o CB Breogán e o Andorra. A rexedora e o concelleiro estiveron acompañados na pista por un druída e un cónsul –en representación das asociacións de recreación histórica da cidade– quenes entregaron a Alvarellos e Bustos un escutum romano e un pugio castrexo que representan a riqueza cultural das orixes da cidade.

Maximus, como portador destes símbolos, foi o encargado de iniciar a conta atrás para a presentación en exclusiva do spot elaborado polo Concello para promover internacionalmente a  XXIII edición do Arde Lvcvs, que terá  lugar do 13 ao 16 de xuño. “Con este audiovisual queremos dar a coñecer o Arde Lvcvs en todos os rincóns do planeta, por iso, solicitamos a colaboración dos e das lucenses para compartir o vídeo nas redes e que cada vez máis xente se achegue a vivir esta festa icónica, a través da que retrocedemos no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico que posuímos”, subliñou Alvarellos.

A rexedora avanzou, ademais, que o spot poderá visionarse nas pantallas de Correos das oficinas principais das cidades de: Barcelona, Madrid, Marbella, Valencia, Bilbao, Zaragoza, Tarragona, León, Oviedo, Gijón, así como nas oficinas de Lugo da rúa San Pedro e da rúa Mallorca. Pola súa banda, Bustos puxo en valor o esforzo do Goberno Local tanto para a difusión da festa como para a súa dinamización “achegando novas actividades en cada edición e traballando da man das 19 asociacións de recreación da cidade para ofrecer unha programación lúdica e cultural ampla e variada durante os días de festexo”.

0.20267009735107