Presentan tres ofertas para a execución de vivendas públicas en Paradai

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), recibiu tres ofertas para a redacción do proxectos básico e de execución e dirección de obra para a construción de 63 vivendas de promoción pública en solo permutado co Concello de Lugo, na zona de Paradai.
Trátase de construír 63 vivendas protexidas, garaxes e rochos nas catro parcelas cedidas polo Concello no polígono 4 de Paradai, que se corresponden coas parcelas 2, 3A, 3B e 3C situadas na rúa Paradai de Arriba. E que teñen unha superficie total de 953 m2. O investimento total da Xunta nesta promoción suporá un investimento que se estima rolda os 12 millóns de euros.
Este contrato, licitado por importe de 401.983 euros, conta cun prazo de cinco meses para a elaboración dos proxectos, unha vez adxudicado o mesmo.