Presentan un novo libro sobre a vida e obra do Doutor Castro
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co autor Lois Rodríguez Cabana o libro Juan Francisco de Castro, O ilustrado e a reforma social, editado pola área de Cultura e que pretende achegar á un resumo da vida e da obra do Doutor Castro.
Este libro é o resultado dos traballos de investigación realizados pola Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro entre os anos 2005 e 2017, e sae no 2021 coincidindo co terceiro centenario do nacemento de Juan Francisco de Castro. Con esta obra a área de Cultura pretende colaborar na restauración da figura do Doutor Castro, despois de anos de esquecemento.
O libro pode recollerse de xeito gratuíto nas oficinas da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.