Preséntase en Lugo 'As bicicletas si son para Galicia'

LugoXa
Este venres 5 de abril, preséntase no Vello Cárcere de Lugo As bicicletas si son para Galicia, unha guía práctica que conta con entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.
3 Abr 2024

A cita, que comezará ás 20.00 horas, contará coas intervención de Beatriz Rodríguez-Morales, Luis Villares e Pablo Veiga. Moderará Patricia Buxán, coautora e editora de Catro Ventos.

0.065491914749146