Preséntase en Lugo o novo poemario de María Álvarez Landesa

O vindeiro venres 25 de abril, ás 19:00 horas, a libraría Trama de Lugo acollerá a presentación do libro Os pozos elegantes das clavículas, a nova obra poética de María Álvarez Landesa.
No acto intervirán, ademais da autora, a poeta Eva Teixeiro e o editor Henrique Alvarellos. O evento será unha oportunidade para achegarse ao universo lírico de Álvarez Landesa, unha voz consolidada da poesía galega contemporánea.
A cita está aberta ao público e forma parte das actividades culturais que a libraría Trama vén desenvolvendo con regularidade, co obxectivo de fomentar a lectura e a difusión da literatura galega actual.
OUTRA PRESENTACIÓN
Ademais, o mércores 23 de abril tamén acollerá, ás 20.00 horas, a presentación do libro 'Outrouto', de Jesús Castro Yáñez e editado por Chan de Pólvora.
O autor estará acompañado de Nieves Neira Roca, poeta e xornalista.