Preséntase o libro ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’

LugoXa
Desta maneira, a Librería Trama acollerá este evento, que terá lugar ás 19.00 horas, nun acto público e aberto
setas-cogomelos-micoloxia
29 Out 2024

Este mércores, 30 de outubro, terá lugar a presentación do libro ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’.

Desta maneira, a Librería Trama acollerá este evento, que terá lugar ás 19.00 horas, nun acto público e aberto a todas as persoas interesadas.

Julián Alonso, autor e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, explicará a estrutura da guía, acompañado dos autores Jose Castro, María Cristina García e Antonio Rigueiro.

Trátase dunha obra divulgativa clara e comprensible, principalmente de iniciación, pero con contidos completos e rigorosos na que tras unha ampla introdución, se describen polo miúdo 202 especies frecuentes ou características dos variados micotopos da Provincia e coméntanse ademais 384 especies máis.

0.18990397453308