Preséntase o Portomarín BeerFest, que se celebra entre os días 2 e 3 de maio na Praza do Camiño

LugoXa
Un dos obxectivos da festa é que a sociedade poida descubrir novas cervexas que non é doado atopar nos comercios convencionais
Portomarín-Beerfest
30 Apr 2025

O organizador do Portomarín BeerFest, Manuel Pombo, presentou a cuarta edición deste encontro que se celebra entre o 2 e o 3 de maio na Praza do Camiño, co apoio da Deputación.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García convidou á participación no BeerFest, á que a institución provincial achega unha aportación de 2.500 euros este ano.

Ademais, enmarcou a colaboración no modelo de turismo polo que traballa a institución provincial, “sostible, de calidade, ligado ás experiencias auténticas”.

Destacou que este ano o BeerFest reforza a súa vocación internacional cunha selección de 14 marcas nacionais e internacionais, algunhas chegadas de Escocia, Bélxica, Portugal, Hungría, Francia ou Polonia, entre outros países.

“Unha ocasión inmellorable para coñecer de primeira man aos mestres cervexeiros, participar nas mellores catas e vivir unha experiencia diferente”.

Un dos obxectivos da festa tamén é que a sociedade poida descubrir novas cervexas que non é doado atopar nos comercios convencionais. Entre as marcas de cervexa que estarán representadas esta fin de semana están Mad Scientist (Hungría), Vault City (Escocia), 3 Fonteinen (Bélxica), Letra (Portugal), La Canibal (Madrid), la Quince (Madrid) ou Solpor (Galicia).

O BeerFest contará ademáis con postos de comida, catas con monólogos e música.

⚙ Configurar cookies
0.17705607414246