Presentouse á veciñanza de Antas de Ulla o proxecto de reforma da casa da cultura

LugoXa
O concello de Antas de Ulla acollerá as súas festas na honra a San Cristovo o vindeiro domingo 16 de xullo.
proxecto nova casa cultura antas de ulla 2024
12 Feb 2024

Presentouse á veciñanza de Antas de Ulla o proxecto de reforma da casa da cultura da man da alcaldesa, Pilar García Porto, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. A presentación, aberta á cidadanía, celebrouse a continuación do acto administrativo de sinatura do contrato entre o Concello e a empresa que se vai encargar da execución desta obra. O delegado estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

A reforma do edificio da casa da cultura de Antas de Ulla foi incluída no Programa PIREP do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno. Este programa ten como obxectivo colaborar coas administracións autonómicas e locais para a rehabilitación de edificios públicos, e céntrase na mellora da eficiencia enerxética destas instalacións.

O delegado coñeceu os pormenores do proxecto que comezará nas vindeiras semanas, tras a firma da acta de replanteo. Este proxecto inclúe a reforma da envolvente enerxética do edificio actual da casa da cultura, mellorando o seu illamento e gañando en confortabilidade. Manterase o equipamento da Biblioteca e reordenarase o resto do espazo dispoñible para posibilitar que sexa polivalente e accesible a todas as asociacións culturais do Concello. Actualmente empregan estas instalación Fiadeira, o grupo de Teatro, a Coral e a Escola de Música da Banda de Música de Antas.

Despois desta presentación, a alcaldesa e o delegado mantiveron un encontro no que repasaron a evolución doutros proxectos do Goberno en Antas de Ulla así como as iniciativas que o Concello quere impulsar no marco de distintas convocatorias xestionada polo Goberno.

0.34252095222473