Presentouse o libro 'Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)'

LugoXa
O libro de Tamara López foi editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
presentación-Á-marxe-da-lei-de-Tamara-López
30 Apr 2025

A doutora en Servizos Culturais e investigadora Tamara López Fernández presentou o libro 'Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)', editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A autora debullou o contido deste estudo transversal, no que, a partir do estudo e análise de causas, sentenzas e documentación xudicial, traza "as múltiples caras da vida cotiá de luguesas e luguesas sobre todo das clases subalternas”; e sinalou “os tribunais ordianrios como unha ferramenta máis de imposición dos valores da ditadura franquista”.

'A marxe da lei. A delincuencia común en lugo durante o franquismo (1945-1966)' publicouse na colección Gubia, dedicada á edición de traballos de investigadoras e investigadores, co obxectivo de achegar á cidadanía estes contidos e sensibilizar sobra a importancia da investigación e da preservación do patrimonio e da cultura.

⚙ Configurar cookies
0.16168093681335