Preto de 10.000 persoas beneficiaranse da nova axuda alimentaria na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Un total de 9.
axuda alimentaria cruz vermella
22 Feb 2021

Un total de 9.604 persoas da provincia de Lugo en situación de vulnerabilidade recibirán alimentos no marco da terceira e última fase do Programa de Axuda Alimentaria 2020, que desenvolve o Fondo Español de Garantía Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, salienta a importancia deste programa ao supoñer "unha gran axuda" para as persoas en situación de vulnerabilidade. Neste senso, agradece o traballo que realizan tanto a Cruz Vermella como o Banco de Alimentos, que son as dúas entidades que colaboran co Goberno na distribución dos alimentos ás organizacións que realizan o reparto dos alimentos na provincia de Lugo.

Nesta terceira fase do reparto, vanse distribuír na provincia un total de 198.812 kilos de alimentos por un valor de 180.723 euros. Os produtos destinaranse a un total de 9.604 beneficiarios.

A Cruz Vermella e mailo Banco de Alimentos canalizan a entrega dos alimentos que, nesta fase, serán repartidos por toda a provincia por 73 asociacións. Cada unha das dúas entidades que colaboran co Ministerio faranlles chegar ás distintas asociacións que se ocupan do reparto, para que as entreguen aos destinatarios, 99.406 litros de aceite de oliva, fabas cocidas, arroz, conservas de carne, atún e de sardiña, leite enteiro UHT, froita en conserva, macarróns, tarriños infantís de froita e de polo, batidos de chocolate e tomate frito. Os produtos adquiridos son de carácter básico, pouco perecedoiros e de fácil transporte e almacenamento.

A subdelegada lembrou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación leva repartidos na provincia un total de 576,806 quilos de alimentos valorados en 401.605 euros desde que comezou esta campaña, no pasado mes de xullo.

almacén alimentos axuda alimentaria
0.18849086761475