Preto de 400 persoas participarán na tradicional Don Silvestre Rabadense

TerraChaXa | LugoXa
Rábade contará un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chega á súa IX edición e que sairá da praza do Concello cun total de 378 inscritos.
30 Dec 2023

Rábade contará un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chega á súa IX edición e que sairá da praza do Concello cun total de 378 inscritos.

Así, a Don Silvestre Rabadense 2023 será o domingo 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00. A carreira dos máis pequenos estará dividida en tres grupos. Os que naceron no 2018 e en anos posteriores serán os que abrirán a competición, que terá 50 metros. 600 será a distancia que percorrerán os nados entre 2014 e 2018, que sairá cinco minutos despois. O resto, os naceron entre 2008 e 2013 sairán ás 11.35 e terán que facer 1.200 metros de percorrido.

Na absoluta está prevista a participación de 255 persoas e o resto están repartidas nas tres categorías de menores de idade.

Ao ser unha proba non competitiva non haberá clasificación pero si, ao remate do evento, farase entrega dos premios aos catro mellores disfraces. Recibirán un agasallo e unha medalla todos os menores participantes y haberá sorteos ademais dun refrixerio ao terminar. Contarán con servizos coo avituallamento, gardarroupa e duchas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19626712799072