Pretorianos: "Faremos o Desfile do Pretoriano Caído, homenaxe a un compañeiro falecido"

LugoXa
A asociación Guardia Pretoriana organiza, para este Arde Lvcvs, diferentes degustacións de bebidas e comidas típicas romanas.
arde lucus
6 Xuño 2022

A Guardia Pretoriana, é unha das asociacións que colaboran en que o Arde Lvcvs saia redondo. Malia que representan a un corpo militar, o certo é que as súas actividades non só teñen que ver coa loita ou as formacións militares, senón que centran a súa divulgación histórica na gastronomía típica dun cidadán romano. Pódense ver na praza de San Marcos (Venres de 17.00 h. a 20.00 h., sábado de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 19.30 h. e domingo de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 19.00 h.)

Que é pretorianos?
É unha asociación que se fundou para o Arde Lvcvs en 2013. Empezamos sendo unha comparsa e agora xa nos dedicamos a ir a festas de recreación histórica. E acabamos de chegar, coma quen di, hai unhas semanas, de desfilar en Roma.

Cantos conformades a asociación?
Agora mesmo, 90 persoas.

Que novidades levades este ano para o Arde Lucus?
Bueno, todos os anos, tanto nós coma todas as asociacións, seguimos sendo un bucle de repetir sempre o mesmo. Porque chega un momento que non podes facer cousas novas. Este ano, a diferencia que hai é que antes as actividades estaban feitas polo Concello e as asociacións, baseándonos un pouco na historia pero moitas veces, de forma errónea; agora temos uns historiadores.

O máis reseñable do noso campamento será o xoves ás 18.30 horas que faremos a presentación dun cadro. A Guardia Pretoriana, non é coma outras lexións que hai escritos e que se atopou información. A Guardia Pretoriana só existiu 323 anos, queda moi pouca constancia dela. E o que queda é en relevos coma a Columna de Trajano, ou en salpicados de relevos dentro do Palatino. Hai un cadro que fixeron dous compañeiros e faremos a presentación desta obra que estará exposta toda a fin de semana fóra do noso campamento.

O venres temos en Santa María a reunión do Foro ás 21.00 horas. E ás 23.00 horas temos un acto moi especial, o Desfile do Pretoriano Caído, que é o segundo que facemos. Facémolo na honra dun compañeiro falecido neste último ano.

O sábado abriremos a Castra ás 12.00 horas e pasaremos á degustación do Moretum, ás 13.00 horas. Será un queixo de cabra especiado untable que facemos coa receita orixinal, que viña a ser o almorzo típico dun cidadán romano.

Xa pola tarde, temos a donación do Mulsum que é un viño con mel, típica bebida romana. Ás 18.30 horas iremos á guerra contra os castrexos, nas que participan outras asociacións que é o Asalto ao castro Medulio. Ás 20.30 horas será o desfile de todas ás asociacións e, ás 23.00 horas a Ofrenda á Vitoria.

E o domingo, ás 13.00 horas, facemos un desfile infantil, para os fillos dos asociados, pero ao cal se pode unir calquer neno. Ás 13.00 horas temos a degustación do Absinthium, que é un vermú romano e que a xente poderá probar. E ás 17.00 horas faremos unha pequena loita romana, unha exhibición na honra de José Cuba, campión estatal deste deporte.

Este ano, o Concello vaise moito ao rigor histórico. Porque? porque estamos agardando o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, e os tribunais valoran moito o rigor.

Como credes que será este Arde Lucus, logo da pandemia?
Pois, sinceramente, creo que moi desexado. Por parte de todos, tanto nós, as asociacións, como o público en xeral que está desexando volver ao ritmo de vida normal e corrente. Eu creo que vai ser moi masificado, máis que os anteriores.

0.19612789154053