Programan unha conferencia sobre permacultura en Lugo

LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, organiza unha conferencia sobre a permacultura o mércores 24 de abril na Escola Politécnica Superior.
17 Abr 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, organiza unha conferencia sobre a permacultura o mércores 24 de abril na Escola Politécnica Superior. Alexandre Grande será o relator e guía desta actividade que ten como título “Reconexión, rexeneración e resilencia. Unha visión permacultural actualizada”, posteriormente presentarase a segunda edición do libro Permacultura: unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor.

O programa, que comezará ás 16:30 horas, está previsto que remate cunha visita guiada ao Lugar de Reque, espazo xestionado pola Vicepresidencia. Ademais da conferencia e visita guiada, nestes días entregarán a todas as bibliotecas da provincia, un exemplar da referida publicación  que ofrece unha visión global da permacultura e que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor, incluíndo a presentación de proxectos galegos baseados nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables a crise ecolóxica e sistémica mundial.

0.1169638633728